VI Xornadas Científicas da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

NORMATIVA PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS LIBRES

Recoméndase os/as autores ler atentamente a Normativa e seguir as instrucións que se detallan, antes de redactar o resumen e/ou traballo completo.
O resumo e/ou traballo completo que non cumpra os criterios requiridos non será admitido nas Xornadas.

 

NORMAS XERAIS:

  1. Poderán presentarse traballos orixinais aínda que se teñan publicado en revistas, congresos ou en outras xornadas, coa excepción daqueles que desexen optar a premio, neste caso só se admitirán os orixinais que non se teñan publicado con anterioridade.
  2. As Comunicacións (resumo e/ou texto completo) só poderán enviarse utilizando os FORMULARIOS incluídos na páxina web das Xornadas. Unha vez enviadas, consideraranse definitivas e, polo tanto, non se permitirán modificacións posteriormente.
  3. O autor ou autora responsabilizase do contido do traballo e, polo menos, un dos asinantes deberá estar inscrito nas Xornadas AGEFEC.
  4. Todos os traballos presentados deberán estar enmarcados dentro do contexto e papel da Enfermaría de Atención Primaria e Comunitaria.
  5. As Comunicacións serán avaliadas polo Comité Científico e a súa decisión, non poderá ser obxecto de apelación ou reclamación.
  6. Aínda que o autor ou autora deberá indicar se opta por Comunicación oral ou Póster, AGEFEC resérvase o dereito a reclasificala, en función da avaliación realizada polo Comité Científico ou por motivos organizativos. A resolución será notificada á persoa que remita a Comunicación por correo electrónico.
  7. No  caso  de  notificación  positiva  por  parte  do  Comité,  a aceptación non  será efectiva ata o pago da cota de inscrición, xustificado e realizado nos 10 días posteriores á notificación.
  8. Todas as Comunicacións poderán optar a Premio, si así o indica o autor ou autora no campo correspondente ao remitir o resumo da Comunicación, debendo asegurarse de que cumpre os requisitos establecidos.
  9. Especificacións Premio EIR:
    - So se poderán presentar a este premio o traballos fin de residencia rematados en 2017 ou 2018.
    - Só se poderán presentar en formato comunicación oral.
  10. Os/as autores ao presentar os seus traballos, comunicacións  orais ou póster, entenden que iso implica a aceptación das normas establecidas polo Comité Organizador e/ou polo Comité Científico.
  11. Os traballos, comunicacións orais ou póster, presentados por algún membro dos comités científico ou organizador, non poderán optar a ningún dos premios das Xornadas.
  12. As Comunicacións aceptadas polo Comité Científico pasarán a formar parte das Actas da Xornadas. Todos os/as autores/as con Comunicacións aceptadas AUTORIZAN de forma implícita, a súa publicación nos medios que AGEFEC considere mais axeitados para a divulgación das mesmas. Os/as autores/as conservan os dereitos de copyright pero autorizan a súa publicación gratuíta.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DOS TRABALLOS:

Na primeira etapa, que será antes das Xornadas, avaliaranse os resumos presentados, sendo determinante para a admisión ou non do traballo os seguintes criterios de avaliación:

  • Estrutura: Está ben estruturado seguindo as normas das Xornadas.
  • Prioridade: O tema está dentro do marco da temática das Xornadas.
  • Enfoque: Coherencia entre título, metodoloxía e conclusións. Boa orientación e ben dirixido cara os resultados.
  • Orixinalidade e aplicabilidade: O traballo é orixinal e aporta coñecementos novos e aplicables á práctica.
  • Relevancia: O traballo deberá ser relevante no marco da Enfermaría de Atención Primaria e Comunitaria, ter relevancia para o paciente e para a sociedade..
  • Introdución: Descríbense de xeito claro os antecedentes da temática. Razóase a intencionalidade do traballo e as súa aplicabilidade.
  • Obxectivo: Está claramente definido. Describe as condicións baixo as cales se debería cumprir.
  • Métodos: Son axeitados para acadar o obxectivo que se propón.
  • Resultados :  Nivel  de  concordancia  entre  os  resultados  e  os obxectivos.
  • Discusión e Conclusións: Deberán ser coherentes cos resultados.
  • Bibliografía: Axustase ao recomendado na normativa xeral das Xornadas.
  • Avaliación da presentación durante as Xornadas: Avaliarase a defensa oral.

PREMIOS:

Outorgaranse os seguintes premios:.

COMUNICACIÓNS ORAIS :

  • 1º PREMIO: 200 €
  • 2º PREMIO: 150 €
  • Accésit con diploma acreditativo

COMUNICACIÓN PÓSTER:

  • PREMIO: 100 €
  • Accésit con diploma acreditativo

1º PREMIO EIR :

  • PREMIO: 150 €
  • Accésit con diploma acreditativo

 

PRESENTACIÓN DE RESUMOS

DATAS DE ENVÍO

Deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de Comunicacións (resumos) dispoñible na web da Xornada

  • A data límite para presentar os resumos será o 18 de Marzo de 2018.
  • A data límite para comunicar a aceptación ou rexeitamento, por parte do Comité Científico, será o 25 de Marzo de 2018.

Unha vez aprobado o resumo para a súa presentación na xornada, os autores deberán enviar o texto completo do traballo para a súa avaliación.

  • A data límite para remitir os traballos completos será o 1 de Abril de 2018.

FORMATO

Os Resumos deberán respectar o seguinte formato de presentación:

  • Non poderá superar os 3.000 carácteres incluídos os espazos (excluíndo título. Autores e bibliografía).
  • O titulo deberá ir en maiúsculas, sen abreviaturas, en negriña. O número máximo de palabras será de 15 ( non pode superar as dúas liñas).  O tipo de letra  recomendado é o formato Arial 12 con interliñado 1,5.
  • Admítense  ata  un  máximo  de  6  autores,  identificados/as  con  dous  apelidos seguidos do nome (exemplo: Pérez Martínez, José, Fernández González, María).
  • Mediante superíndices, indicarase a categoría profesional e lugar de traballo. A persoa que presente a Comunicación identificarase como autor/a e deberá incluír un teléfono e enderezo electrónico de contacto.

ESTRUCTURA

  1. Introdución.
  2. Obxectivos.
  3. Métodos.
  4. Resultados.
  5. Discusión/conclusións.
  6. Bibliografía (estilo Vancouver).

Proxecto:

  1. Antecedentes e estado actual do tema
  2. Aplicabilidade
  3. Obxectivos
  4. Metodoloxía
  5. Plan de traballo
  6. Aspectos éticos
  7. Plan de difusión dos resultados
  8. Financiamento da investigación.

 Caso clínico (limitarase só a comunicacións póster):

  1. Introdución
  2. Exposición do caso
  3. Discusión/conclusións
  4. Bibliografía (estilo Vancouver).

PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Será necesario o envío do texto completo do traballo presentado, non só o resumo do mesmo.

Os textos completos deberán ser enviados mediante o sistema on-line de presentación de comunicacións, antes do 1 de Abril do 2018.

Aínda que se aceptara o resumo, se o texto completo non respecta o regulamento de confección será rexeitado.

A  Secretaría  Técnica  indicará  o/a  autor/a,  mediante  e-mail,  lugar,  data  e  hora  da presentación.

FORMATO COMUNICACIÓN ORAL

  • O idioma para os traballos poderá ser Galego ou Castelán e deberán remitirse en formato tipo Word.
  • A estrutura da será a mesma que o que figura para os resumos.
  • Os  traballos  completos,  deberán  axustarse  ao  formato  de  artigo  científico (máximo 4.500 palabras).
  • O tipo de letra recomendado é o formato Arial 12 con interliñado 1,5.
  • Ao incluír as referencias bibliográficas debe usarse o formato normalizado estilo Vancouver.
  • O sistema de apoio para a visualización das Comunicacións será o formato de Power-Point ou PDF.
  • A primeira diapositiva deberá incluír a imaxe das Xornadas (descargar aquí), así como o título e autoría da Comunicación.
  • O/a autor/a deberá ter entregada a súa presentación audiovisual antes do comezo das Xornadas.
  • O tempo máximo para defender a Comunicación será de 10 minutos e deixarase un tempo ao remate de cada quenda para posibles preguntas ou debate. AGEFEC poderá, por motivos de organización e previa comunicación aos interesados, facer cambios ou modificacións no relativo aos tempos de exposición.

FORMATO COMUNICACIÓN PÓSTER

Para a presentación de Comunicacións Póster rexerán as mesmas normas xerais que para as Comunicacións Orais.

  • Só se permitiran Póster en formato papel.
  • A estrutura será a mesma que se recomenda para os resumos.
  • O póster pode ter unhas medidas máximas de 120 cm. de alto e 70 cm. de ancho
  • O/a autor/a deberá entregar e pegar o seu póster nos paneis habilitados antes do inicio da celebración das Xornadas.
  • O/a autor/a  principal ou autores, dos pósters que opten a premio, deberán estar presentes durante a Sesión de Póster (especificada no programa das Xornadas) para a resolución de dúbidas que tanto os asistentes como o comité científico queiran plantexar.

SISTEMA DE PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Cubra o seguinte formulario. Os campos marcados con (*) son obrigatorios. Ante calquera incidencia, consulte coa Secretaría Técnica.

Formato de presentación* Marcar preferencia


 

Datos do autor/a responsable da Comunicación


 

* A Estrutura do resume deberá levar os seguintes apartados: introdución, obxectivos, método, resultados, discusión/conclusións e bibliografía.

* De tratarse dun caso clínico: introdución, caso clínico, discusión/conclusións e a bibliografía.

* De tratarse dun proxecto :antecedentes e estado actual do tema, aplicabilidade, metodoloxía, aspectos éticos, plan de difusión dos resultados, financiamento da investigación


 

 
É Vostede EIR e desexa optar a premio EIR

No poderán optar a Premio os membros do Comité Organizador e/o Comité Científico.

Non poderán optar a Premios os traballos que non sexan inéditos.

 
Solicitamos o seu permiso para obter datos estatísticos da sua navegación nesta web, en cumplimiento do Real Decreto-lei 13/2012. Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Más información